O proxecto
Ata 42 MW de enerxía eólica e 9 MW de enerxía solar
Ata 42 MW de enerxía eólica e 9 MW de enerxía solar
O proxecto Neboreiro sitúase en solo non urbano dos concellos do Saviñao, Bóveda e Paradela, a 40km de Ourense e 45km de Lugo.
O seu desenrolo está liderado por Vestas, co apoio da promotora galega ARESPMO. Ambos levan traballando xuntos desde 2020, e están implicados en diferentes fases de avance en ata 6 proxectos en Galicia.
Elixiuse a localización do proxecto do Neboreiro para a construción do parque eólico por dúas razóns principais:
Nun primeiro lugar, a área forma parte das Áreas de Desenvolvemento Eólico (ADE), que foron aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia en 1997 no marco do Plan Sectorial de Enerxía Eólica de Galicia. O obxectivo destas áreas é garantir que as infraestruturas do parque eólico estean situadas en lugares axeitados. Isto contribuíu ao desenvolvemento da política enerxética de Galicia, impulsou a súa economía e apoiou as enerxías renovables, prioritarias a nivel nacional e europeo.
En segundo lugar, é importante situar os aeroxeradores en zonas con ventos constantes, como é o caso da zona do proxecto Neboreiro. Galicia é coñecida por contar cuns dos mellores recursos eólicos do país, e a experiencia de Vestas no sector permitiulles identificar as zonas cos mellores recursos posibles. Ademais, o proxecto incluirá 9 MW de enerxía solar para optimizar aínda máis a xeración de enerxía renovable, compensando as flutuacións do vento e do sol.
Vestas Development é unha subsidiaria de Vestas, unha empresa líder mundial na fabricación e subministración de aeroxeradores de próxima xeración. Con máis de 40 anos de experiencia no sector, Vestas estableceu un legado de innovación e excelencia na enerxía eólica. Vestas aposta pola sustentabilidade e a loita contra o cambio climático, sendo un referente no sector das enerxías renovables.
A presenza de Vestas Development nas comunidades nas que opera ten un impacto positivo, traballando estreitamente para garantir unha colaboración respectuosa e beneficiosa, escoitando e abordando as súas inquietudes.
Os proxectos renovables de Vestas non só impulsan a independencia enerxética, senón que tamén reducen as emisións de carbono, protexendo o medio ambiente e mellorando a calidade do aire. Vestas Development aposta polo tanto por un futuro máis limpo e sostible para todos.