Responsabilidade
É máis ca enerxía 100% renovable
É máis ca enerxía 100% renovable
É responsabilidade de Vestas colaborar de forma proactiva coas comunidades locais. Dedícase a reducir calquera impacto ambiental potencialmente negativo. As comunidades locais onde Vestas opera e desenvolve iniciativas son participantes importantes, polo que pretendemos contribuír ao seu benestar mediante a creación de emprego e programas educativos, e estando atentos a minimizar calquera impacto ambiental relacionado coas nosas actividades.
Realizamos unha inspección preliminar do lugar do proxecto para identificar posibles problemas ambientais desde diferente puntos de vista
Realizamos un estudo de flora e fauna para identificar a presenza de especies sensibles nas proximidades do lugar do proxecto. Realizáronse estudos sobre avifauna, herpetofauna, mamíferos e morcegos, entre outros.
Realizamos prospeccións de campo previas ao proxecto, así como vixilancia durante a fase de construción.
Verificamos in situ a presenza de núcleos rurais nas inmediacións do lugar do proxecto para garantir o mínimo impacto na sociedade.
Aseguramos que o lugar do proxecto sexa accesible mellorando e mantendo as estradas existentes durante toda a vida do proxecto. Así mesmo, realizamos estudos xeolóxicos para abordar problemas topográficos e xeolóxicas.
Realizamos estudos de impacto paisaxístico, identificando as zonas máis afectadas e propoñendo medidas para minimizar o impacto. Ademais, levarase a cabo un proxecto de restauración vexetal e de integración paisaxística, co fin de evitar ao máximo o impacto sobre a paisaxe.